portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
11/04/2019
The Soul Jacket "Plastic Jail"
06/04/2019
Sés "Rabia ao silencio"
20/03/2019
o Fisterra Blues celebrarase do 28 ao 30 de xuño e participarán, entre outros, Los DelTonos, Morgane Ji e Víctor Aneiros
17/03/2019
o novo Budiño cumpriu na Sala Capitol, 15-marzo-2019
12/03/2019
Vudú "Vol. III"
11/03/2019
Óscar Quant presenta o seu libro "Bailando sobre el parqué"

Concertos
xoves 18 de abril do 2019 ás 21:00 h.
Dorian Wood 
Auditorio Municipal do Concello de Vigo. 10,9 €



nota

21:00h (apertura puertas 20:30h

DORIAN WOOD presenta XAVELA LUX AETERNA

En 2019 celébranse os 100 anos do nacemento da cantante mexicana-costarricense Chavela Vargas, ela de alma resplandecente e voz de furia, dor e ardor. Para o artista Dorian Wood, o camiño a Chavela foi tanto un Santo Grial como unha viaxe de autoreflexión. Entre as semellanzas de ambos artistas existe outro viaxe; unha exploración que pon na súa traxectorua a nudez da alma, a renuncia de patria e a súplica a un mundo que leva nas súas mans o sangue da marxinalización de seres humanos. “Xavela Lux Aeterna” é metade homenaxe, metade diálogo entre dúas almas creativas pasando por un só corpo.

Cancións que Chavela fixo populares, entrelazadas con composicións orixinais e temas folclóricos de Costa Rica, serán interpretadas pola poderosa voz de Dorian e unha orquestra de cámara baixo a dirección do artista español Alberto Montero.


Formación:
Cuarteto de cordas (violin, segundo violin, viola, violonchelo)
Xavi Muñoz: sintetizador, baixo, voz de coros
Marcos Junquera: percusión
Dorian Wood: voz
Alberto Montero: director

“Xavela Lux Aeterna” é un proxecto altamente persoal e un tributo único a unha artista que é unha lenda, dun dos artistas mais importantes da actualidade. Dorian Wood visitou Vigo por última vez en xaneiro de 2014 no Sinsal 12 Vigo cun concerto, cheo, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo presentando daquela o seu traballo



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo